miércoles, 30 de marzo de 2011

Morte de Carlos II



Cando morre Carlos II alias "o enfeitizado" a dinastía Habsburgo queda sen recambio directo para ocupar o trono español. Este monarca non tivo descendencia, o que creou un problema sucesorio ¿quen portará agora a coroa en España?
Candidatos non faltan, Francia e o Imperio alemán ambicionan incorporar ó seu círculo de influencia inmensos territorios orfos dun rei que os domine. A Coroa española viña sendo neste ano 1700 un bocado suculento para os cobizosos Estados europeos que aspiraban a converterse na potencia hexemónica sen discusión; os territorios americanos e asiáticos que herdaría o sucesor do finado Carlos II  proporcionarían unha enorme fonte riqueza e unha envexable posición estratéxica.

A familia Borbón, reinante en Francia alega que o testamento do enfeitizado nomea a Filipe de Anjou como o seu sucesor, pero o arquiduque Carlos de Austria non aceptou isto e reclamou os seus dereitos ó trono español. Ámbolos dous pretendentes poden argumentar a súa pretensión por razóns de parentesco co defunto.

Como non podía ser doutra  maneira a discusión remata en guerra, a coñecida, loxicamente, como "Guerra de Sucesión"  na que participaron outras potencias europeas do momento como Inglaterra ou  Paises Baixos, no bando antifrancés, temerosas do poder que este país podía reunir de resultar vencedor e, incluso, dentro do territorio peninsular hai unha escisión que fai que O bando pro-austríaco reciba o apoio da antiga Coroa de Aragón, mentres que Castela axuda ó pretendente Borbón.
A guerra, longa por certo, remata favorablemente case para tódolos participantes. En 1714 o Tratado de Utrech estipula que: 
  •  Filipe de Anjou, o Borbón, será a partir de entón Filipe V , rei de España.
  •  Inglaterra recibe de España unha serie de dereitos comerciais, ademais dos enclaves de Xibraltar e Menorca.
  • Austria, como compensación á súa renuncia ó trono español, recibe as posesións hispanas de Flandres e Italia.







Xa dixen antes que gañou case todo o mundo, sempre ten que haber unha excepción que confirme a regra. Mallorca co tempo foi recuperada ós ingleses, pero Xibraltar non, e a día de hoxe segue a ser un tema pouco agradable nas relacións hispano-británicas. Póñovos unha explicación cantada sobre este asunto.. o que perpetra isto é José Luis, eran tempos pasados (pero non mellores).

No hay comentarios:

Publicar un comentario